ESCUELA DE MINITALENTOS

ESCUELA DE MINITALENTOS

viernes, 11 de julio de 2025

Segunda semana dos Minitalentos 2025!

Hello, hello! Que tal, familias? Como vai o verán? 🌞🌞

Nós seguimos gozando e aprendendo xuntos, aínda que tamén nos gustaría ver un pouquiño máis o sol para poder xogar fóra. Teremos sorte para a próxima semana? Seguro que si! ✌

Aquí vos deixamos a nosa reportaxe desta segunda semana dos Minitalentos. Aproveitamos ó máximo as nosas mañás, que divertido! Estamos seguras e seguros de que vos vai encantar 💘

O luns centrámonos na metáfora da man, unha ferramenta moi útil que axuda ós nenos e ás nenas a comprender as súas emocións, habilidades e relacións sociais dun xeito moi sinxelo. Ó longo da actividade, exploramos as diferentes partes das nosas mans: 

O pulgar é como unha mascota ou un animal que vive dentro da nosa cabeza. Ás veces, é un animaliño enfadado ou asustado; gruñe, asústase rápido e reacciona sen pensar. Chámase amígdala e o seu traballo é protexernos cando hai algún perigo. 

Os restantes dedos son a parte do cerebro que nos axuda a pensar, a calmarnos e a tomar boas decisións. Cando o noso animaliño se enfada ou se altera, estes dedos deben cubrilo, dicíndolle: "Tranquilo, todo está ben! Non necesitamos pelexar nin berrar". 

Despois de que Raquel nos explicara a metáfora, fixemos unha marioneta ben chula para os nosos pulgares. Aí van as fotos! 📸




O martes convertémonos en creadores de superhéroes e superheroínas! 💥💥















O mércores foi espectacular! Sen lugar a dúbidas! As nosas amigas, as rapazas do curso de Dinamización de Actividades de Ocio e Tempo Libre Infantís e Xuvenís, prepararon uns xogos e unhas actividades para nós. Que ben o pasamos! Aquí vos deixamos uns vídeos deste día taaaaaaaaaaaaaan interesante e divertido 😍✌😉




E... para rematar a semana... participamos na elaboración dunhas pequenas historias para Cinco Palabras. Para facelo, tivemos a axuda das rapazas do curso de Dinamización de Actividades de Ocio e Tempo Libre Infantís e Xuvenís. Podedes consultar as nosas propostas no seguinte enlace: https://cincopalabras.com/2025/07/01/escribe-tu-relato-del-mes-de-julio-raquel-hermida-manzaneque/#comments. Por que non vos animades e escribides vós un pouquiño? 😌😌






Que ganas de ver o que facemos a próxima semana! 💓



martes, 8 de julio de 2025

Os Minitalentos 2025 xa están aquí!

Que alegría! Superamos a primeira semana con éxito! Aquí vos imos contar un pouquiño sobre o que fixemos estes días. Estades preparadas, familias? 😬😬


A nosa primeira actividade foi moi divertida. Como boa tribo que somos, non podiamos estar un día máis sen o noso escudo. Deste xeito, dividímonos en pequenos grupos para deseñar o noso propio escudo e definir o noso nome. Cada equipo tivo a oportunidade de expresar quen somos e que valoramos. En último lugar, compartimos as ideas e os elementos que máis nos gustaron de cada escudo, seleccionando aqueles detalles que mellor representaban o noso espírito e os nosos valores. Con todos estes ingredientes, creamos o noso escudo final e seleccionamos o nome para a nosa tribo: A TRIBO DOS MINITALENTOS. 


Esta actividade non só nos permitiu coñecernos mellor, senón que tamén fortaleceu as nosas relacións sociais e o traballo en equipo. Aquí vos deixamos unhas fotiños desta proposta... 📷🌟










💃💃 Unha das actividades máis divertidas foi xogar ó Just Dance. Movémonos libremente e seguimos os pasos das coreografías, o que fixo que a experiencia fose moi entretida e chea de risas. 


Tamén fixemos ioga! Puidemos relaxarnos, fortalecer o noso corpo e atopar un espazo de calma en medio do día!





📰👩 A xornalista Yolanda García visitounos unha vez máis. Puidemos preguntarlle pola súa experiencia en Kazajistán, un país que está moi mooooooi lonxe de Burela! Sabiades onde está? 





Que vos parecen estes debuxos que fixemos? Trátase dun traballo colaborativo, é dicir, un debuxo realizado en grupo. Debuxamos unha personaxe, unha nena, Martina, a partires dunha descrición que se fixo dela. A descrición realizouse mediante pequenos trazos (cara redonda, orellas pequenas...), de xeito que, cada persoa só debuxou a característica que se describiu nese momento. Unha vez acabada, pasamos a folla ao compañeiro da dereita, que debuxou o elemento descrito a continuación, rotando así o debuxo. Neste caso, seguimos o seguinte texto: 

Ola! Chámome Martina e teño 6 anos. A miña cara é redonda como a lúa

e teño uns ollos verdes grandes; en forma de castaña

e outro redondo como un botón.

O nariz longo e fino como unha cenoria.

As orellas pequenas como as dun rato.

O pelo rizo como un estropallo, pero os domingos a miña nai pásame o ferro e lévoo liso como unha cortina. 

Cando río, como agora, vese que me faltan tres dentes.

Teño o pescozo longo como un cisne.

Levo unha camisa de raias

e un colgante agasallo de meu tito que vive na Suíza.

Un reloxo na man esquerda

e unha pulseira solidaria na dereita.

Gústame moito o deporte, por iso normalmente vou con pantalóns de chándal

e sempre uso zapatos deportivos, menos os domingos.



🎭🎬 E xa, para rematar a semana, fixemos un teatro das emocións! Aquí vos deixamos uns vídeos para que os poidades ver... 




👂É unha mágoa que se escoite tan mal! A ver se para a próxima vai ben! 


Agora, a pola segunda semana! 👋💪