Xa chegamos á última semana de xullo e nos Minitalentos non podemos estar máis orgullosas e orgullosos de todo o que vivimos, aprendemos e compartimos. 💘
Esta semana demos un pasiño máis e arrancamos cunha das actividades máis esperadas polos nosos nenos e nenas: as clases de informática! Ó longo dos próximos días, os maiores introduciranse no mundo dixital dunha forma moi divertida, segura e adaptada á súa idade. O obxectivo principal é que comecen a familiarizarse co uso básico do ordenador. 💻
Tamén tivemos unha das actividades máis creativas e alegres: o pintacaras! Dende valentes superheroes ata doces mariposas, pasando por tigres, canciños... Cada peque escolleu o seu deseño e viuno cobrar vida na súa cariña!
💘😍 Grazas ás nosas súper monitoras por este traballo tan bonito!
Hai uns días, cando recibimos a visita da periodista Yolanda García, puidemos coñecer historias fascinantes sobre Kazajistán. Antes de despedirse, encargounos unha misión moi emocionante: explorar e aprender un pouquiño sobre este país tan interesante e descoñecido para nós.
Ademais do que xa vos contamos, tamén fixemos unha manualidade moi chula, empregando materiais reciclados. Non só nos divertimos, senón que, cun pouco de imaxinación e traballo en equipo, os obxectos que xa non usamos, poden transformarse en algo novo e sorprendente. Podedes crer que, a partir duns rolos de papel hixiénico, construímos uns coches do máis veloces?🚗
E... mirade que actividade tan divertida preparou Raquel! Vistes que grandes somos?
E, por último, tamén estivemos preparando uns bailes moi especiais. Para quen serán? 😚😚