ESCUELA DE MINITALENTOS

ESCUELA DE MINITALENTOS

viernes, 5 de septiembre de 2025

E ata aquí a Escola de Minitalentos deste ano!

 

Ola, ola, familias! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo destas últimas dúas semanas. Esperamos que vos guste moito, tanto como a nós! 

E así, sen darnos conta, chegamos ó final desta marabillosa aventura. Foron días cheos de ilusión, aprendizaxes, xogos e moita, moita creatividade. Os nosos pequenos protagonistas deixáronnos ver o mellor de si mesmos: a súa espontaneidade, a súa imaxinación sen límites e a súa capacidade innata para sorprendernos cada día. 

Durante estas semanas, compartimos momentos únicos que, sen dúbida, quedarán gardados no corazón Fixeron novas amizades, superaron retos, riron moito e, sobre todo, gozaron sendo eles mesmos.

Queremos dar as grazas ás familias pola súa confianza, polo seu apoio constante e por formar parte desta experiencia. Sen vós, nada disto sería posible. 

Marchamos cun sorriso e moitos recordos fermosos, agardando con moita ilusión volver a vernos o ano que vén para seguir soñando, creando e aprendendo xuntos. 

Ata pronto, Minitalentos! Grazas por facelo tan especial 💘💥