ESCUELA DE MINITALENTOS

ESCUELA DE MINITALENTOS

viernes, 5 de septiembre de 2025

E ata aquí a Escola de Minitalentos deste ano!

 

Ola, ola, familias! Aquí vos deixamos un pequeno vídeo destas últimas dúas semanas. Esperamos que vos guste moito, tanto como a nós! 

E así, sen darnos conta, chegamos ó final desta marabillosa aventura. Foron días cheos de ilusión, aprendizaxes, xogos e moita, moita creatividade. Os nosos pequenos protagonistas deixáronnos ver o mellor de si mesmos: a súa espontaneidade, a súa imaxinación sen límites e a súa capacidade innata para sorprendernos cada día. 

Durante estas semanas, compartimos momentos únicos que, sen dúbida, quedarán gardados no corazón Fixeron novas amizades, superaron retos, riron moito e, sobre todo, gozaron sendo eles mesmos.

Queremos dar as grazas ás familias pola súa confianza, polo seu apoio constante e por formar parte desta experiencia. Sen vós, nada disto sería posible. 

Marchamos cun sorriso e moitos recordos fermosos, agardando con moita ilusión volver a vernos o ano que vén para seguir soñando, creando e aprendendo xuntos. 

Ata pronto, Minitalentos! Grazas por facelo tan especial 💘💥




viernes, 22 de agosto de 2025

Agosto está a puntiño de rematar!

Nos Minitalentos, seguimos traballando non só para divertirnos, senón tamén para reflexionar e medrar xuntos. Comezamos esta semana cunha actividade moi especial que nos permitiu falar de temas importantes dunha forma moi cercana e adaptada ós máis peques: limos o conto Vanesa non quere ser princesa

Esta historia levounos da man a través do desexo de Vanesa, unha nena que, a pesar do que moitos esperaban dela, non quería ser princesa. Nin vestidos con brillos, nin castelos, nin moito menos esperar a un príncipe. Vanesa soña con outra cousa moi distinta, algo que ten máis que ver coa súa pasión, o seu talento e as súas propias decisións. 

Con esta lectura, puidemos traballar valores como a igualdade de xénero, a libertade de elixir quen queremos ser e a loita contra os estereotipos que, moitas veces, nos impoñen dende ben pequenos. A través do diálogo e xogos despois da lectura, analizamos os diferentes tipos de traballo que existen, quedándonos moi claro que todos, sen importar se somos nenos ou nenas, podemos soñar con ser o que queiramos: bombeiras, perruqueiros, bailaríns, científicas... 






Esta semana, realizamos unha actividade especialmente deseñada para estimular a motricidade fina, unha habilidade fundamental no desenvolvemento dos nenos e das nenas. 










E... por suposto, non nos esquecimos dos xogos! Aproveitamos os raíños de sol para saír ó patio da Academia e, ademais, visitamos o parque Pirata de Burela! 

 




























Tamén fixemos unha actividade moi especial para traballar a intelixencia emocional dende o coñecemento dun dos órganos máis fascinantes do corpo humano: o cerebro! A partir dunha actividade creativa e educativa, os nenos e as nenas construíron o seu propio cerebro de papel. Con cores, tesoiras e pegamento, cada un deu forma ós seus dous hemisferios!





Tampouco nos olvidamos das manualidades que tanto nos gustan! Mirade que cangrexos tan simpáticos! 











E ata aquí a nosa penúltima semana... Que nos depararán os próximos días! Veremos! 💥



jueves, 14 de agosto de 2025

A diversión non para nos Minitalentos!

 Ola, ola, familias! 😃


Agosto avanza e, aínda que este ano o sol parece estar un pouquiño tímido, nos Minitalentos seguimos gozando cada momento ó máximo! Botamos un pouco de menos eses raios de sol que tanto nos gustan para saír a xogar ó aire libre, pero iso non nos quitou as ganas de pasalo en grande! 😎


Esta semana foi cortiña, pero moi intensa! Como o venres é festivo, aproveitamos os días canto puidemos con actividades moi divertidas, xogos, manualidades cheas de cor e un montón de risas e momentos compartidos. 🎉🎲🎨


Encántanos ver ós nenos e ás nenas tan animados, facendo novos amigos e vivindo novas experiencias cada día! 


Esperamos que o sol se anime a saír logo, pero, mentres tanto, aquí dentro seguimos creando recordos inolvidables. 💛


Aquí vos deixamos unhas fotiños e uns vídeos desta semana. Vémonos a próxima semana! 🌞














😎💘🙋