ESCUELA DE MINITALENTOS

ESCUELA DE MINITALENTOS

viernes, 23 de agosto de 2024

Recta final de agosto!

 👋👋 Ola, ola! Unha semaniña máis aquí vos deixamos todo o que estivemos facendo estes días. A ver que vos parece! 

Seguindo coa temática do mar e as súas particularidades, fixemos uns barcos pirata que quedaron ben chulos. Fixémolos empregando material reciclado e témperas. Aquí están! 🌊🌊






📕📗Co moito que nos gustan os contos e as historias, non podiamos perder a oportunidade de facer uns marcapáxinas do mar. Encantáronnos! 



🌊 Sen lugar a dúbidas, o mar é vida. Por iso, decidimos facer un mural ben bonito sobre o noso mar ideal, cheíño de peixes e de vida! Que vos parece?







👫👭👬 Aquí vos deixamos unhas fotiños do noso tempo libre. Que ben o pasamos! 



👀☝ O xoves fixemos un experimento moi divertido. Ó principio pensabamos que non ía funcionar, pero... sorpresa! Funcionou á perfección! 




💕 Como a Escola de Minitalentos está chegando ó seu fin, preparamos uns pequenos agasallos para os nosos compañeiros e compañeiras. Así nunca se esquecerán de nós!




😍😁 E, por último, para rematar a semana, recibimos a visita de Pedro Hernanz, director dun dos eventos máis importantes de España do crecemento persoal e profesional. Foi moi interesante!


Vémonos a próxima semana! Chao, chao! 👋👋



jueves, 15 de agosto de 2024

Outra semaniña máis de agosto!

 O verán está a acabar e, con el, a nosa Escola de Minitalentos. Está sendo unha época chea de risas, descubrimentos e, sobre todo, aprendizaxes. Polo de agora, debemos aproveitar o tempo e sacarlle o máximo proveito a estes últimos días de agosto! 👀


🌱🌿 Os nenos e as nenas dos Minitalentos son capaces de todo! Por iso, decidimos converternos en pequenos agricultores e agricultoras e plantar unhas fabas. Pensades que nacerán? Nós témolo claro! 




Primeiro, decoramos os botes onde plantamos as nosas fabas. Despois, con axuda de algodón e de auga, finalizamos o proceso. Agora só queda esperar uns días e poderemos ver os primeiros resultados. Que ganas! 

😍😎 Esta semana tivemos dúas visitas impresionantes: o DJ Diego Alchemist e a xogadora de fútbol sala Dany. Gustounos moito poder coñecer un pouquiño máis sobre o seu traballo e a imprescindible labor que desempeñan na sociedade!
 



✨🌑🌍 Tamén investigamos sobre o universo e os seus fascinantes misterios. Mirade aquí os nosos traballos e manualidades desta semana! 







📷🌟  Tamén fixemos un photocall que nos encantou! 







👀📺 Para rematar co universo, vimos unha peli moi divertida: Mascotas no espazo! 


🌅 Ademais de todo o que xa vos contamos, tamén fomos á praia! Encantounos! Estamos desexando volver! Fixemos xogos, xogamos coa area... 



😱😱 E ó volver da praia... mirade que tatuaxes fixemos! 


Ata aquí esta semana! Veremos que nos deparan os próximos días. Chao, chao! 👋👋