ESCUELA DE MINITALENTOS

ESCUELA DE MINITALENTOS

viernes, 2 de agosto de 2024

Ola, ola, agosto!

 Unha semana máis seguimos enchendo de recordos compartidos, risas e aventuras cada rincón da Escola de Minitalentos. Foron uns días moi especiais e emocionantes, pois, despedímonos de algúns compañeiros e compañeiras que xa non volverán. Os abrazos e os sorrisos mesturáronse con bágoas de despedida. Ata logo, compis! 👭👬💓👭👬


Para comezar a semana fixemos algúns puzzles. Concentrámonos moito tratando de encaixar todas as pezas. Foi un auténtico desafío para nós! O bo dos puzzles é que non só son divertidos e conseguen espertar o noso interese, senón que, ademais, tamén axudan a desenvolver algunhas habilidades fundamentais, como, por exemplo, a concentración ou o traballo en equipo. 💪💣







📰😊Sabiades que tivemos a visita da periodista Yolanda García. Foi moi interesante! Desenvolvemos o papel de periodista e fixémoslle unha pequena entrevista para coñecer un pouquiño máis sobre a súa gran labor. 


Aquí nos vedes no noso tempo libre desta semana! Encántannos os xogos en equipo!




Tamén fixemos as nosas botellas da calma! Acabamos con purpurina ata na cabeza. Que ben o pasamos! 





E, por último, para rematar a semana, fixemos unha súper casa! Gústavos? A nós encántanos! 








Ata a semana que vén! Chao, chao! 💕


No hay comentarios:

Publicar un comentario