Que pouco lle queda ó mes de xullo! 😯😮
😍😍 Esta semana foi moi especial para nós, pois, o xoves 25 de xullo celebramos o Día Nacional de Galicia. Foron días cheos de risas e descubrimentos nos que nos achegamos un pouquiño máis á nosa cultura! Ademais, tivemos unha visita do máis especial: a da TikToker e veciña de Burela Ali Sadiya. As redes sociais encántanos e, grazas a Ali, puidemos coñecer un pouco máis sobre este mundo tan divertido e á vez perigoso.
🌅🌄 Se algo caracteriza a Galicia son os seus mares e os seus numerosos faros. Decidimos facer esta manualidade tan bonita! É preciosa!
😁👫👬👭 A cultura galega conta cunha gran variedade de xogos tradicionais. Aquí vos ensinamos algúns dos que xogamos estes días! Que divertido!
E, por suposto, aínda que non sexa propiamente galego, tamén practicamos un pouquiño de ioga para relaxarnos! 😙😚
No hay comentarios:
Publicar un comentario