ESCUELA DE MINITALENTOS

ESCUELA DE MINITALENTOS

jueves, 5 de septiembre de 2024

E ata aquí a Escola de Minitalentos deste ano!

Esta última semana foi incrible. Construímos un forte e foi todo un éxito! Unímonos todas e todos para construílo e fixemos del o noso novo rincón de xogos. 


Ademais, non sei se vos acordades, pero a semana pasada comezamos un puzzle de 500 pezas. Que pezas máis pequenas! 



E, cando xa estabamos a punto de rendernos, as pezas comezaron a encaixar. Daba gusto ver como o puzzle ía collendo forma e como comezabamos a ver os numerosos peixes ben formados. E aquí vos deixamos unha imaxe do resultado. Que vos parece?

🎉🎈🎊 Para rematar esta última semana, fixemos unha festa de disfraces e todos chegaron emocionados, lucindo os seus traxes. A música animaba o ambiente, mentres que os nenos e as nenas bailaban e rían. Para facer a festa aínda máis especial, organizamos unha deliciosa merenda chea de chocolate, gusanitos e outras lambetadas. Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades o ben que o pasamos! 

😍 E agora só queda despedirnos. Foi unha experiencia marabillosa chea de risas, aprendizaxes e momentos inolvidables. Os nosos pequenos protagonistas puideron explorar a súa creatividade, fixeron novas amizades e descubriron habilidades que, probablemente, descoñecían que tiñan. Ó longo destas semanas, vimos como cada un deles brillaba no seu propio estilo. Cada actividade foi unha oportunidade moi valiosa para que se expresen, experimenten e se divirtan. 

Queremos agradecerlles a todos os pais e nais polo seu apoio e a súa confianza en nosoutras e o noso traballo. Foi un gran pracer! Esperemos que os recordos perduren e que se leven consigo un pouco da maxia que creamos xuntos. E, por suposto, estaremos encantadas de velos o próximo ano para novas aventuras. Ata logo, Minitalentos! 💓💘



domingo, 1 de septiembre de 2024

Chao, chao, agosto!

👋👋 Ola, ola! Agosto está a puntiño de acabar e nós, aínda que estamos un pouco emocionados pola volta ó cole, tamén sentimos pena e tristeza porque a Escola de Minitalentos remate. Este mes estivo cheo de aprendizaxes e descubrimentos, pero tamén de reencontros e despedidas. Esperamos que o próximo ano poidamos xuntarnos con estas novas amizades que fixemos ó longo do verán!

🌳👪Comezamos a semana facendo unha manualidade ben bonita e repleta de recordos. Os Minitalentos somos unha gran familia, como unha árbore e as súas diferentes ramas. Cada un de nós é imprescindible e único!

✈Ó longo da semana, convertémonos en Minitalentos viaxeiros! Como saberedes, para viaxar, precisamos dun pasaporte así que iso foi o primeiro que fixemos. Mirade que ben quedaron!

 





🚆🚇Viaxamos a Brasil, Australia, Francia e Senegal e puidemos coñecer un pouquiño estes países e as súas culturas. Foi incríble! Anotamos o aprendido no noso caderno de Volta ó mundo e fixemos unhas manualidades ben chulas!




























⛆☂ A choiva destes días non nos permitiu saír ó patio, pero mirade que ben o pasamos dentro! 






😍😍En último lugar, para rematar a semana, fixemos unha saída á Residencia da Terceira Idade de Burela. Os nenos e as nenas estaban moi emocionados por poder compartir un día diferente con eles. Preparámonos ben para ir: fixémoslles uns debuxos e ensaiamos un baile para poder animar á xente maior. Foi espectacular! Encantounos!













E ata aquí a penúltima semana dos Minitalentos! Vémonos o luns! 👋