👋👋 Ola, ola! Agosto está a puntiño de acabar e nós, aínda que estamos un pouco emocionados pola volta ó cole, tamén sentimos pena e tristeza porque a Escola de Minitalentos remate. Este mes estivo cheo de aprendizaxes e descubrimentos, pero tamén de reencontros e despedidas. Esperamos que o próximo ano poidamos xuntarnos con estas novas amizades que fixemos ó longo do verán!
🌳👪Comezamos a semana facendo unha manualidade ben bonita e repleta de recordos. Os Minitalentos somos unha gran familia, como unha árbore e as súas diferentes ramas. Cada un de nós é imprescindible e único!
✈Ó longo da semana, convertémonos
en Minitalentos viaxeiros! Como saberedes, para viaxar, precisamos dun
pasaporte así que iso foi o primeiro que fixemos. Mirade que ben quedaron!
🚆🚇Viaxamos a Brasil, Australia,
Francia e Senegal e puidemos coñecer un pouquiño estes países e as súas
culturas. Foi incríble! Anotamos o aprendido no noso caderno de Volta ó
mundo e fixemos unhas manualidades ben chulas!
😍😍En último lugar, para rematar a
semana, fixemos unha saída á Residencia da Terceira Idade de Burela. Os nenos e
as nenas estaban moi emocionados por poder compartir un día diferente con eles.
Preparámonos ben para ir: fixémoslles uns debuxos e ensaiamos un baile para
poder animar á xente maior. Foi espectacular! Encantounos!



.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)











.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario