ESCUELA DE MINITALENTOS

ESCUELA DE MINITALENTOS

jueves, 24 de julio de 2025

Chegando á recta final de xullo...

O verán nos Minitalentos é toda unha aventura educativa chea de emocións, risas e descubrimentos. Cada día é unha oportunidade para medrar, expresarse e conectar cos demais! 💘

Comezamos a semana poñéndonos mans á obra! Realizamos unha actividade moi especial con arcilla. Cada nena e neno puido construír a súa propia casa á man, modelando con paciencia e moita creatividade. Despois de deixala secar, chegou o momento máis colorido: pintámolas con témpera! Foi unha experiencia artística que lles encantou e que, ademais, fomentou a súa concentración e imaxinación. 







🩵🤍 Esta semana está sendo moi especial para nós xa que celebramos unha das datas máis significativas para todas e todos os galegos: o Día de Galicia. Ó longo destes días, descubrimos un pouquiño a nosa cultura, lingua, música e tradicións. Queremos compartir con vós unha pequena mostra do que vivimos nesta semana. Aí vai! 

Primeiramente, vivimos a creación dun gran mural colectivo dedicado á nosa terra! Comezamos traballando en pequenos grupos, reflexionando e compartindo ideas sobre o que fai única a Galicia: a súa natureza, as súas tradicións, a súa lingua, a súa música... Entre todos e todas fomos enchendo o mural con cores, pinturas, ilustracións... O resultado foi unha obra chea de cariño, creatividade e orgullo polas nosas raíces. 
















Tamén quixemos reproducir unhas rimas na nosa lingua bonita! 




As nosas compis do curso de Dinamización de Actividades de Ocio e Tempo Libre Infantís e Xuvenís fixeron uns disfraces chulísimos! E sabíades que? Deixáronnolos para xogar e algún de nós ata o levou para a casa! 😍😍








🌞🌞 E... tamén vivimos unha das xornadas máis esperadas por todos e todas: a nosa saída á praia! Armados con gorras, protector solar e moitas ganas de pasalo ben, gozamos dunha mañá chea de xogos, risas e aire libre xunto ó mar! 







E xa para rematar esta súper semana, deixámosvos unha canción coa que traballamos estes días e que nos encantou! Que vos parece? Vémonos o luns! 😎👏











No hay comentarios:

Publicar un comentario