Co verán en pleno apoxeo, a Escola de Minitalentos segue sendo un espazo de alegría, descubrimento e aprendizaxe para os máis peques! A estas alturas do mes, os nenos e as nenas xa crearon novas amizades, enfrontáronse a retos moi divertidos e exploraron moitas actividades que despertaron a súa curiosidade e creatividade. Aquí vos deixamos un pequeno resumo desta semana!
💥💥Sacamos a relucir toda a nosa imaxinación cunha actividade que nos encantou: a creación de cómics! Organizámonos en pequenos grupos para inventar as nosas propias historias, deseñar personaxes únicas e dar vida a escenas cheas de aventuras, humor e emoción.
Ademais de desenvolver a creatividade e a expresión escrita, puidemos fortalecer habilidades como a comunicación, a planificación e a cooperación!
😎✌Como ben sabedes, encántanos aprender xogando. Esta semana descubrimos unha forma moi divertida de expresarnos: facendo acrósticos cos nosos propios nomes. Cada nena e neno tomou o seu nome como punto de partida para crear un poema breve, no que cada letra se convertía no inicio dunha palabra que os describira. Que gran oportunidade para reflexionar sobre como somos e o que nos gusta!
E que vos parecen estes globiños tan bonitos que nos fixeron? 🎈🎈
Tamén fixemos unhas manualidades moi chulas. Primeiro, deixamos voar a nosa imaxinación e fixemos uns flamencos coas nosas propias mans!
Tamén quixemos facer unha pequena homenaxe a algo moi noso: o bonito de Burela. Aproveitamos a ocasión para falar un pouquiño sobre as nosas tradicións mariñeiras e do importante que é o bonito para a nosa vila. 🐟🐟
Que vos parece esta manualidade que fixemos cunhas caixas de ovos?
Por último, tamén nos gustaría compartir con vós a súper visita que tivemos esta semana. Trátase de Lola, porteira do fútbol sala en Burela. Fixémoslle unhas preguntiñas e púidonos contar un pouco sobre a súa experiencia neste deporte.
E ata aquí a nosa semana! 💕💕
No hay comentarios:
Publicar un comentario