🌞🌝O verán avanza e con el os nosos Minitalentos! Estes días foron inmellorables: vivimos novas experiencias, tivemos visitas moi interesantes e non deixamos de crear recordos xuntos.
👑 O luns visitounos Luz López, a Mrs. Galicia e España. Compartiunos as vivencias e experiencias que sentiu ó longo dos Certames que gañou. Nós fixémoslle unha entrevista moi entretida. Os nenos e as nenas quedaron fascinados coa súa historia e, dende logo, aprenderon moito sobre o importante que é perseguir os soños!
👑 Como nos encantaron as súas coroas, fixemos unhas para nós. Mirade que bonitas!
💓👭👬 O martes tivemos o grandísimo honor de recibir a visita de María Moldes, a delegada de Galicia e Asturias da Fundación Vicente Ferrer. Esta fundación traballa de forma activa para mellorar as condicións de vida das persoas da India. Os nenos e as nenas quedaron impresionados. A súa labor é admirable!
📖 Ademais de contarnos un pouquiño sobre a India e sobre o traballo que alí desenvolven, leunos un conto: El secreto de Vicente Ferrer. Gustounos moito!
🎇🎆 O mércores foi diferente. Aproveitando a visita do dia anterior, creamos os nosos propios mandalas con boliñas de papel. Resultou ser unha actividade moi creativa e relaxante. Colocamos as boliñas seguindo un código de cores e, así, conseguimos crear deseños únicos e moi coloridos. Quedamos moi contentas e contentos cos resultados obtidos. Que vos parece?
✋👐 O xoves traballamos con arxila. Fixemos uns colares de cabaliños de mar. Estivemos moi concentrados modelando a arxila e dándolle forma ás nosas pezas. Sen dúbida algunha, foi un xoves cheo de arte e creatividade!
😻 Para rematar a semana, pintamos os nosos cabaliños de mar. Que orgullosos estamos dos nosos colares!
🎊🎇🎈🎉 Tamén nos visitaron os nosos compis do curso de Monitor de Ocio e Tempo Libre. Preparáronnos unhas actividades chulísimas. Encantáronnos!
😍😎 Esta semana foi impresionante para os nenos e as nenas. Por suposto, tampouco podemos esquecernos dos nosos momentos de ocio!
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)





.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario