😃😎 Estes días foron moi emocionantes e divertidos para as nenas e os nenos de Minitalentos. Fixemos moitas actividades á vez que o pasamos ben e fixemos novas amizades. Seguro que esta segunda semana será inolvidable para todos!
🎦Comezamos a semana cunha visita do máis interesante: o director de cine e guionista Jorge Pérez Gutiérrez. Compartiunos as súas experiencias e a súa pasión polo mundo do cine. Nós fixémoslle moitísimas preguntas e puidemos aprender un pouquiño máis sobre a gran pantalla!
🐔Como xa sabedes, a semana pasada estivemos aprendendo sobre os animais. Para rematar con esta temática, fixemos unha manualidade sobre as aves: un pavo real. Puxémoslle moitas cores para logo recortalo e darlle forma. Que chulo!
🌝🌝O mal tempo desta semana case non nos permitiu saír fóra e facer xogos e/ou actividades ó aire libre; aínda así, aproveitamos todos os raíños de sol que puidemos!
Foi tamén unha semana moi produtiva. Mirade que concentrados estamos!
🎵🎷🎸🎶Ó longo da semana, puidemos traballar a nosa intelixencia musical. Encantáronnos todas as actividades: bailes, cancións, etc. Tamén fixemos uns debuxos a partir dos ritmos dunhas cancións e logo buscamos animais neles. Foi moi divertido!
🌴🌲🌱 Tamén aprendemos sobre o medio ambiente e reflexionamos sobre o importante que é coidalo axeitadamente. Fixemos un mural e, en grupo, achegamos as nosas ideas. Gústavos?
Dende logo, unha semana tan completa precisa dos seus momentos de desconexión e calma. Aquí nos vedes practicando ioga e vendo a película dos Elkfins. Cantas risas nos botamos cos pequenos elfos!
Xa para rematar a semana, tivemos a visita da profe de baile Emma Gala. Ensinounos algúns pasos e técnicas de relaxación corporal. Que ben o pasamos! 🎶🎵
😀😀 Esta semana foi moi completa e enriquecedora. Estamos desexando que chegue a seguinte para ver que imos facer!
No hay comentarios:
Publicar un comentario